CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Os xenerais do Ulla dan paso a un orixinal Entroido rural

Publicado o 26/02/2017 14:54

A comarca do Ulla celebra hoxe unha das súas máis recoñecidas tradicións culturais. Os xenerais do Ulla converten nun atractivo turístico esa zona nas datas do Entroido galego.

Xa chegan os correos e os xenerais do Ulla engalanados coas súas mellores vestimentas para dar paso a un orixinal Entroido rural. Esta celebración rememora as invasións francesas e a súa incursión e presenza na bisbarra natural da Ulla.

A lombos dos seus cabalos adornados con campaíñas chegan os correos que preceden os xenerais anunciando a súa chegada. A vestimenta dos xenerais evoca os uniformes militares decimonónicos. Na cabeza levan un rechamante "tricorne" adornado con plumas de pavo real.

Acompañando a marcha, o vistoso e colorido "coro de nenos e vellos", con cantos e bailes para amenizar o desfile dos xenerais e divertir todos os presentes.

A comitiva percorrerá ao longo do día as parroquias da zona entoando vivas que farán mención dos veciños e non veciños.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí