CRTVG

Buscar

Os xenerais despiden o Entroido en Vila de Cruces

Publicado o 01/03/2020 21:55

E en Vila de Cruces os xenerais poñían o broche ao Entroido. Xenerais e correos a cabalo percorreron a parroquia de Salgueiros, ataviados con vistosas vestimentas e acompañados de coros e comparsas.

Despois a festa e a retranca continuou no lugar. Os veciños parodiaron algunhas escenas cotiás do día a día como unha visita ao centro de saúde ou a suba do prezo das misas.

Unhas representacións coas que lograron sacarlles punta a algúns dos asuntos de actualidade na vila e coas que despediron a don Carnal.

 

Noticias web

01/03/2020