CRTVG

Buscar

Os xefes da área sanitaria de Vigo manteñen a súa dimisión irrevogable

Publicado o 13/03/2019 08:26

A vintena de xefes de servizo de centros de saúde de Vigo e da súa área presentan a súa dimisión con carácter irrevogable. Xa renunciaran hai tres meses pola precarización da Atención Primaria. Pero, daquela, o Sergas non lles aceptou a dimisión co argumento de que tiñan que  participar na busca de solucións. A partir de aí, a Consellería de Sanidade puxo en marcha os grupos de traballo para definir o novo modelo de Atención Primaria, cuxas medidas empezaron as coñecerse nas últimas semanas. Os médicos dimisionarios din que este novo modelo non resolve os problemas, pero a ruptura definitiva chega pola falta de entendemento coa directiva da área sanitaria de Vigo. Piden a dimisión ou o cesamento do xerente.

A Consellería de Sanidade di que mantén abertas todas as canles de diálogo

Sanidade, despois das reunións mantidas cos xefes de Vigo, adoptou medidas concretas e propostas en que se recollen as demandas deste colectivo, co obxectivo de impulsar un novo modelo de Atención Primaria que dea resposta ás necesidades dos vindeiros 25 anos.

A Administración lembra que as cuestións que hoxe se volven estudar foron xa incluídas no plan dado a coñecer polo Sergas. Din que manteñen abertas todas as canles de diálogo para avanzar no proxecto, contando coa colaboración dos profesionais.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2019