CRTVG

Buscar

Os xeados tamén están bos en outono

Publicado o 23/09/2020 21:32

Este foi un verán de moita calor e máis ca nunca apetecía sacar a máscara e tomar un xeado refrescante. Porén, foi unha das peores campañas para o sector.

Tiveron que reinventarse e mesmo aproveitaron a pandemia para crear novos sabores.

No outono diminúe a oferta, pero os xeados consómense cada vez máis fóra do verán. Detrás está unha aposta pola calidade do produto e por dar resposta a calquera demanda.

Porén os sabores máis clásicos seguen arrasando nuns establecementos que loitan por estar activos todo o ano.

Noticias web

23/09/2020