CRTVG

Buscar

Os xardíns do pazo de Meirás abren as súas portas ao público con visitas guiadas

Publicado o 01/07/2021 08:32
Os xardíns do pazo de Meirás abren as súas portas ao público con visitas guiadas

Os xardíns do Pazo de Meirás abren as súas portas ao público ás seis da tarde coas primeiras visitas guiadas tras o proceso xudicial que obrigou a familia Franco a devolver o inmoble ao Estado. Os primeiros serán diferentes colectivos de memoria histórica. 

A partir do día 4 de xullo, ábrense os portais ao público xeral. A visita guiada precisa reserva previa e poderase realizar de martes a domingo. Faranse en grupos de 20 persoas como máximo. A reserva poderase facer a través de correo electrónico ou mediante os teléfonos habilitados. 

No últimos catro días, o Concello de Sada recibiu unhas 300 solicitudes para visitar o Pazo de Meirás. Todas elas se produciron tras o anuncio de que o 1 de xullo o pazo abriría as súas portas para facer unha visita de hora e media polos seus xardíns.

Noticias web

01/07/2021