CRTVG

Buscar

Os xabarís causan numerosos estragos nos xardíns de Oleiros

Publicado o 14/09/2018 14:33

Hai un xabaril en Beiramar, en Oleiros, que no último mes lle colleu o gusto a presentarse moitas noites moi pretiño das vivendas. Algúns veciños están preocupados e cren que o animal volve porque hai alguén que lle dá de comer, pero opinan que non hai que menosprezar a perigosidade dun animal salvaxe.

O xabaril vén a esta zona de Perillo dende hai aproximadamente un mes practicamente todos os días en busca de comida. Hai tamén quen viu varias crías, algo que aumentaría a perigosidade do animal adulto en caso de que por calquera motivo vire ameazados os seus pequenos. 

Hai uns meses que se abriu nesta zona un tramo do paseo marítimo que comunica cunha zona de bosque aínda non moi urbanizada e por aí pode acceder e chegar máis facilmente o animal. Algúns veciños aseguran que viron comida que alguén deixou para o xabaril, motivo polo cal podería estar volvendo tan asiduamente, algo que a maioría, como é lóxico, pensa que non se debería facer.

Os estragos causados polo animal foron reparados onte en varias zonas por operarios do Concello de Oleiros, mentres a Xunta de Galicia xa anunciou que buscarán a gorida do xabaril e a partir de aí ver a mellor forma de capturalo e que facer con el.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2018