CRTVG

Buscar

Os votantes no referendo do 1-0 denuncian violencia policial no xuízo do 'procés'

Publicado o 30/04/2019 19:33

No xuízo do procés declararon hoxe varios cidadáns que foron votar no referendo ilegal do 1 de outubro de 2017. Os seus testemuños son unha das bazas que gardaban as defensas para tentar darlle a volta ás declaracións dos axentes da Policía e da Garda Civil que formaron parte do operativo pechou os colexios electorais. Varios dos cidadáns que declararon hoxe a petición do avogado de Junqueras e Romeva son militantes ou cargos públicos de Esquerra Republicana. Todos describiron supostos episodios de violencia policial.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/04/2019