CRTVG

Buscar

Voluntarios venezolanos invaden as fronteiras para que pase a axuda humanitaria

Publicado o 23/02/2019 19:46

Centos de persoas achegáronse como voluntarias ata a ponte Simón Bolivar, na fronteira entre Venezuela e Colombia, para tratar de facilitar o paso aos camións da caravana con axuda humanitaria.

As seis da tarde, hora galega, algúns membros das forzas militares lanzaban gases lacrimóxenos nesa ponte para dificultar o acceso, provocando disturbios, algo que tamén sucede noutro dos puntos de acceso, a ponte Francisco de Paula Santander que conecta coa localidade venezolana de Ureña, onde se terían rexistrados incidentes con varios feridos entre os manifestantes que tomaron as rúas.

Outras informacións apuntan a que en La Fría, no estado de Táchira, axentes das tropas da Garda Nacional Bolivariana estarían cedendo ás presións cidadáns, deixando pasar os camións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/02/2019