CRTVG

Buscar

Os voluntarios limpan e dinamizan a Ruta da Prata

Publicado o 19/07/2019 14:53

Os mozos que participan no campo de traballo de Vedra e Boqueixón limpan e dinamizan estes días os 14 quilómetros da Vía da Prata que pasan por eses dous concellos próximos a Santiago. Participan galegos, españois doutras comundidades, gregos, belgas e ata chineses.


Un grupo de voluntarios prepara un xogo para atraer adolescentes a un tramo da Ruta da Prata que atravesa Vedra e Boqueixón. A idea é que os futuros xogadores teñan que atopar lugares e responder preguntas relacionadas coa comarca.

"O seu é introducir un pouco de historia do Camiño e da rexion para que, á parte de que se divirtan, aprendan".

Outro grupo fabrica soportes de madeira para o mesmo xogo, e tamén eles aprenden de xeito lúdico. "O Camiño de Santiago sempre me pareceu interesante e non coñecía a Vía da Prata, coñecía máis o Camiño Francés, que pasa por onde eu son, Zaragoza"

O terceiro grupo limpa os 14 quilómetros da ruta que pasan por Vedra e Boqueixón. "A xente tira moito lixo. Recollemos moito plastico. Recollemos o lixo e limpamos os sinais para que os peregrinos atopen isto agradable".

Ademais de traballar como voluntarios, os rapaces comunicanse en distintas linguas, xa que hai gregos, franceses, belgas e chineses.

"Rapaces e rapazas con diferentes experiencias de vida, con diferentes culturas, Darlles maneiras de ocio saudables, maneiras de ocio que poidan aprender cousas, en que adestren as súas habilidades sociais", di Patricia Martínez, directora do Campo de Voluntariado de Vedra e Boqueixón

O campamento dura doce días, en que os rapaces tamén fan excursións a outras zonas de Galicia.
 

Noticias web

19/07/2019