Os voluntarios de Protección Civil axudan tamén nas vacinacións masivas
Publicado o 06/05/2021 21:21
Rafael é voluntario desde hai 10 anos na Protección Civil de Ourense. Di que nunca tiveron tanto traballo como na pandemia.
A súa axuda imprescindible continúa tamén na atención das persoas que chegan ás vacinacións masivas.
Tranquilizan as persoas que chegan nerviosas e resólvenlles dúbidas. Un labor que se visibilizou e que agora se valora máis.
Persoas voluntarias e solidarias que din que precisan máis xente disposta a colaborar.
Moitas horas de traballo altruísta que din que ten como mellor recompensa a de saber que axudan os demais.