CRTVG

Buscar

Os voluntarios da Cruz Vermella de Ourense axudan os sen teito a combater o frío

Publicado o 10/01/2019 20:29

O frío destes días agrava a precaria situación en que viven moitas persoas sen teito. En Ourense, os voluntarios da Cruz Vermella percorren a cidade para axudar os máis necesitados. E que é o que piden? Unha manta, café e algo de compañía.

Antes de saír, o grupo organiza o traballo desta noite. Son nove voluntarios que dedican parte do seu tempo a axudar as persoas necesitadas e sen teito. As visitas realízanse un par de veces ao mes, aínda que estes días de frío intenso saen con máis frecuencia.

Distribúense por dúas zonas da cidade. Diríxense a aqueles lugares onde xa saben que vive alguén en condicións moi precarias. En Ourense teñen localizadas arredor de 10 persoas que viven na rúa e unhas 40 en casas abandoadas. En moitos casos, os sen teito prefiren vivir así, como este home que reside dende hai anos baixo a ponte Novísima.

O ano pasado atenderon 380 persoas, un vinte por cento delas son mulleres. A axuda vai máis aló de ofrecer aloxamento. Facer compañía e apoio para trámites básicos forman parte da acción social da oenegué.

O albergue municipal conta con 20 prazas, pero non se enchen, incluso nestes días de duro inverno.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2019