CRTVG

Buscar

Comisan 147 quilos de ameixa xaponesa mariscados ilegalmente en Cabo de Cruz

Publicado o 09/09/2021 14:11

Os vixilantes da confraría de Cabo de Cruz gravaron as imaxes da penúltima operación contra o marisqueo ilegal a noite do martes ao mércores. Na zona de Triñáns interceptaron dous mariscadores ilegais con case 17 quilos e na de Barraña tres persoas que mariscaban con raños lograron fuxir, aínda que sen o marisco: nada menos que 130 quilos de ameixa xaponesa. 

E esta noite, os gardapescas volveron ter traballo. Catro furtivos lograron escapar pero a outros catro identificáronos, entre eles, dúas mulleres. Dous dos mariscadores ilegais roubaran previamente unha lancha no porto de Cabo de Cruz. Ao seren descubertos, abandonaron a embarcación e subiron nun coche co que intentaron arremeter contra os vixilantes.

Noticias web

09/09/2021