Os vixilantes frustran a acción dos furtivos en Triñáns e A Chouza
Publicado o 08/09/2021 14:50
Os mariscadores furtivos seguen a actuar estas noites en distintos lugares da costa galega. Arredor da medianoite na zona de Triñáns dous furtivos foron sorprendidos nas rochas con case 17 quilos de ameixa xaponesa. Fuxiron deixando o marisco, que foi recuperado polos vixilantes da confraría.
Tamén na zona da Chouza os gardas descubriron tres furtivos mariscando e metidos na auga, polo que agardaron a que saísen. Logo de dúas horas deixaron os rastros e o marisco e fuxiron, aínda que os vixilantes chegaron a identificar un que asocian co coñecido como clan dos Faros.