CRTVG

Buscar

Os viticultores galegos temen que a baixada das temperaturas queime os gromos das vides

Publicado o 03/04/2019 16:32

Así é como se atopan as cepas na zona do Ribeiro. O tempo atípico deste inverno fixo que o crecemento se adiantara polo menos 15 días respecto do normal. Cos gromos xa fora, os viticultores ollan con preocupación a chegada do frío.

Emilia Díaz, técnica da Estación de Viticultura de Galicia

Na mente dos viticultores está o que aconteceu en 2017 cando as xeadas a finais de abril remataron con boa parte da colleita.

Emilia Díaz, técnica da Estación de Viticultura de Galicia

A Estación de Viticultura de Galicia traballa xa na posta en marcha dunha aplicación que axude aos agricultores a facer fronte ás consecuencias destes cambios no tempo cada vez máis habituais.

Juan Casares, director do EVEGA

A chedaga da chuvia polo de agora é boa noticia no campo tras un inverno con precipitacións por debaixo do normal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/04/2019