CRTVG

Buscar

Os visitantes procedentes de Asturias deberán inscribirse no rexistro de viaxeiros

Publicado o 15/07/2021 14:51

En Asturias medra a preocupación polo incremento no número de contaxios. "Sei que están repuntando, segundo as noticias, na xente nova".

A repunta nos positivos concéntrase entre a poboación máis nova, e tres de cada dez ingresados teñen menos de 30 anos. "Están saíndo moitos casos en xente nova, pero na rúa non se nota moito e facemos vida normal".

Os malos datos de Asturias levaron a Xunta a incluír a comunidade veciña no rexistro de viaxeiros segundo o cal todos aqueles que entren en Galicia deberán notificalo, unha nova que xera moitas dúbidas. "Eu non sei se iso se refire a calquera viaxe, por exemplo nós imos a Ribadeo comprar, ou se é para alguén que vai pasar a noite".

Cruzar a diario entre os concellos veciños de Galicia e Asturias é moi habitual. "Non temos claro se cada vez que imos ao supermercado temos que rexistrarnos. Nese caso somos turistas tamén. Nós toda a vida comercial a facemos en Ribadeo".

A necesidade dun rexistro tampouco convence dende o lado galego. "É un trámite fácil que se fai co móbil, pero para os que veñen tomar un viño ou ao supermercado parécenos absurdo, non ten ningún xeito".

En concellos coma o de Ribadeo, o 65 % dos seus clientes proceden do lado asturiano.

 

Noticias web

15/07/2021