Os virólogos chaman a frear a alarma e lembran que o coronavirus ten unha incidencia inferior á gripe
Publicado o 07/02/2020 13:38
Os nenos son un dos grupos de poboación máis vulnerables, xunto cos anciáns e as persoas con enfermidades previas.
A Sociedade Española de Viroloxía chama a non crear alarmismos e explica que o coronavirus ten unha incidencia e unha mortaldade inferior á gripe común. 200 dos virólogos máis prestixiosos do mundo participan hoxe nun congreso en Barcelona. Alí, as compañias Erikson e HP anunciaron hoxe que non acudirán ao Mobile Congress. HP afirma que declina por motivos alleos ao coronavirus.