As rúas dos viños de Ourense recuperan o ambiente axudadas polo bo tempo
As rúas dos viños de Ourense van recuperando a vida. A chegada do bo tempo comezou a animar o ambiente sobre todo, nas terrazas. Coa ampliación da ocupación e dos horarios os hostaleiros collen un pouco de forza.
Cun pouco máis de optimismo os hostaleiros tratan de adaptar os servizos de cociña aos novos horarios. Para moitos non está sendo doado din, prescindir das ceas. No caso desta gastrotaberna decidiron manter aberto desde a mañá ata o peche.
Unha necesidade mutua. Entre a clientela xa había ganas de compartir un xantar ou uns pinchos nos lugares de sempre.
Por agora nos viños de Ourense o ocio é máis diurno que nocturno, pero entre os hostaleiros confían en que se a incidencia do virus se mantén estable poder seguir traballado nesta nova realidade.