CRTVG

Buscar

Os viños das Rías Baixas buscan entrar en Corea e Singapur

Publicado o 04/07/2019 13:17

Os viños das Rías Baixas xa están ben asentados nos mercados dos Estados Unidos e a Unión Europea. A Denominación de orixe vende o 29% da súa produción no estranxeiro. O seu obxectivo é chegar ao 33% e fíxanse novos retos como Corea ou Singapur.
Este xoves asinaron un convenio por 30.000 euros coa Cámara de Comercio de Pontevedra para facilitar esa internacionalización.
Dende a DO Rías Baixas confían en obter este ano unha boa colleita, malia os contratempos metereolóxicos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/07/2019