CRTVG

Buscar

Os vigueses votarán nunha consulta sobre prohibir ou non fumar nas praias da cidade

Publicado o 10/06/2019 21:55

Os vigueses teñen que votar de novo. Pero non se alarmen, desta vez trátase dunha consulta sobre prohibir ou non fumar nas praias da cidade.

O Concello de Vigo pon en marcha mañá na web municipal unha consulta aos cidadáns para tentear se están a favor ou non da prohibición de fumar nalgunhas praias da cidade. O debate xa está aberto na rúa.

No que todos están de acordo é en que se precisa máis educación e civismo, e que as cabichas non teñen cabida nos areais. Logo están as solucións salomónicas...

A enquisa non é vinculante e, de establecer praias sen fume, Vigo incorporaríase á longa lista que inaugurou Baiona no 2012 e á que se sumaron 80 areais galegos.

Noticias web

10/06/2019