CRTVG

Buscar

Os vigueses volveron protagonizar a Reconquista e expulsar os franceses da vila

Publicado o 31/03/2019 23:07

A teatralización dos episodios cruciais da Reconquista de Vigo volveron escenificarse no casco vello da cidade. O asalto á porta da Gamboa é un dos máis seguidos polo público , e este ano tamén se representou a destitución do alcalde afrancesado e o nomeamento de Vázquez Varela como primeiro rexedor.

Despois de grandes conquistas desde Rusia a España, hai 210 anos, en 1809, o exército de Napoleón, .. camiño de Portugal chegou á cidade de Vigo. A historia conta que avanzaba obrigando aos pobos europeos a asumir a súa idea de liberdade, fraternidade e igualdade.

Xosé Lois. Fundador da festa da Reconquista en 1994 "Para nada hai que achantar con nada. Somos reos da nosa propia historia. O importante é coñecer a nosa historia, de onde partimos e a onde queremos chegar. Iso é o importante. E se é con festa moitísimo mellor"

Gregorio Álvarez. Interpreta ao abade de Valladares " Vigo é unha cidade moi aberta. Eran outros tempos. O que pasa é que a ningún país lle gusta que lle impoñan nada, nin as liberdades. Un pobo ten que ser dono de si mesmo e o poder ten que estar no pobo. E o pobo colle o que quere coller. Non o que lle veñan a dicir os franceses, nin os ingleses nin os americanos nin os chineses nin os rusos"

Gregorio leva dez anos interpretando ao primo do Marqués de Valladares, o abade Juan Rosendo. El dixo aos vigueses, "feride aos franceses, non os matedes". O líder do exército español de Fernando VII, foi un capitán ourensán Cachamuíñas. O home que máis o interpretou nestos 25 anos foi José García, un dos nove da Asociación Cidade vella.

José García. Interpreta ao Capitán Cachamuíña "Foi para darlle vida ao barrio. E con tal moticovo todo o mundo sabemos que esta vila foi a primeira que botou aos franceses fóra en Europa"
Pero daquela en 1809 a marcha triunfal dos franceses foi aplacada polo pobo vigués no seu conxunto: as mulleres heroicas, o alcalde Vázquez Varela, o exército de Cachamuíña co apoio do clero, o heroe morto Carolo...todos tiraron abaixo a porta da gamboa. Tras ela mataron algúns franceses e os que quedaron vivos mandáronos e volta polo mar de Vigo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/03/2019