CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Os vigueses descubren a súa industria pesqueira

Publicado o 13/06/2017 21:39

Os estaleiros de Vigo abriron hoxe as súas portas para uns cantos afortunados. Trátase dun acontecemento inusual, xa que son poucas as ocasións en que empresas desta envergadura reciben visitantes ávidos por coñecer como son .

Máis dunha ducia de persoas puideron contemplar esta tarde como funciona un estaleiro a pleno rendemento. Foi en Vigo, dentro do marco de actividades de Vigo Pesqueiro, un conxunto de rutas levadas a cabo por Fundamar co obxectivo de dar a coñecer a industria pesqueira da cidade.

INSERTO 1.33 - 1.43

Durante unha hora de visita explicouse o proceso de creación dos buques que nacen nos Estaleiros Cardama. Algúns teñen como destino Iraq, Dinamarca ou Angola, entre outros países.

INSERTO 11.05 - 11.14

Os participantes manifestaron a súa satisfacción con iniciativas coma esta, que agardan que se repitan.

INSERTO 14.32 - 14.37

Por un día, un dos piares económicos da cidade olívica abriu as súas portas e deu a coñecer a súa esencia.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

13/06/2017