CRTVG

Buscar

Os videoxogos, a primeira opción de ocio, con 1.500 millóns de facturación en España no 2018

Publicado o 13/05/2019 19:42

A industria dos videoxogos facturou máis de 1.500 millóns de euros en España o ano pasado, un 12% máis respecto ao ano anterior e moi por riba da industria do cine e da música. Estamos no top ten do mercado mundial nunha industria que dominan A China, os Estados Unidos e O Xapón.

O sector dos videoxogos é a primeira opción de ocio en España. Unha industria que facturou 1.530 millóns de euros en 2018, o triplo que a industria do cine. Galicia representa o 4% da produción española desta industria e o pasado mes de decembro púxose en marcha en Vigo o CETGAVI, o Centro Tecnolóxico Galego de Videoxogos. Uunha aposta pola formación e transferencia de coñecemento.

No CETGAVI non só desenvolven videoxogos enfocados ao ocio. Empregan a tecnoloxía dos videoxogos en áreas como o turismo, a industria ou a seguridade. Como unha ferramenta de realidade virtual para o sector do viño que vai permitir ensinar ás personas todos os aspectos técnicos da viticultura, dende os terreos, plantacións, as adegas ou o procesamento e elaboracion dos viños.

Un viveiro tecnolóxico do que saíu o primeiro videoxogo galego para a Nintendo Switch.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/05/2019