CRTVG

Buscar

Os viaxeiros pasaron os controis de seguridade sen demoras na segunda xornada de folga no Prat

Publicado o 10/08/2019 21:12

Normalidade no aeroporto do Prat, en Barcelona, na segunda xornada de folga indefinida dos traballadores encargados dos controis de seguridade.
Ao igual ca o venres, a protesta tivo pouca incidencia e os pasaxeiros pasaron os filtros de seguridade sen demora. Esperaron na tarde do sábado unha media de entre 10 e 15 minutos.

O comité de empresa denuncia que os servizos mínimos, do 90 por cento, son abusivos e que se lles está a cambiar en plena folga os seus métodos de traballo habitual. A maioría de viaxeiros chegaron con tempo de antelación para evitar posibles colapsos...

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2019