CRTVG

Buscar

Os viaxeiros españois non terán que pasar corentena ao chegar a Inglaterra, pero si a Escocia

Publicado o 10/07/2020 20:04
Os viaxeiros españois non terán que pasar corentena ao chegar a Inglaterra, pero si a Escocia

O Reino Unido elimina a corentena obrigatoria para os países con menor risco, entre os que se inclúe España, agás coa excepción de Escocia, que a segue mantendo para os viaxeiros españois e serbios. Italia, Francia ou Alemaña son outros dos beneficiados que non terán que illarse 14 días nin facilitar os seus datos de contacto ao chegar a Inglaterra.

A medida deixa fóra os Estados Unidos, A China ou Rusia. Desde o Goberno explican que a decisión está baseada en criterios que responden á prevalencia da COVID-19, ao número de casos novos e á traxectoria potencial da enfermidade. 

O goberno de Escocia mantén a corentena para cidadáns procedentes de España e Serbia

Noticias web

10/07/2020