CRTVG

Buscar

Os veterinarios ofrécense na loita contra a pandemia

Publicado o 10/05/2020 14:10

Alberto é veterinario clínico de animais grandes e traballa principalmente na zona da montaña luguesa. Dende o seu traballo reivindica o papel que o colectivo dos veterinarios debe ter nesta crise sanitaria, como tiveron no control doutras enfermidades coma a tuberculose, triquinose ou a rabia.

Defende que na súa profesión hai especialistas en moitas áreas e cre que estes coñecementos non se están tendo en conta para resolver a pandemia actual.
El e outros colegas crearon unha páxina dende a que se ofrecen para participar nunha iniciativa arriscada.

Segundo Alberto, para que a iniciativa se leve a cabo precisaríanse permisos administrativos e sanitarios.

Noticias web

10/05/2020