CRTVG

Buscar

Os veterinarios din que non hai evidencias de que os animais domésticos se contaxien de COVID-19

Publicado o 06/04/2020 20:23


Así polo menos o afirma a responsable dunha clínica veterinaria da Coruña. Estamos ante un virus novo, di, que aínda se está a investigar, pero de momento non hai certeza de que as mascotas se contaxien

 "Actualmente non hai evidencias de que as persoas poidamos contaxiar As mascotas, si que é certo que se as persoas somos positivas ao virus, que no teléfono móbil pode haber partículas ou na miña roupa pode haber partículas por exemplo, se estamos en contacto moi estreito cos nosos animais pode ser que algunha desas partículas estean no seu manto, pero non hai evidencias de que os animais se infecten", afirma Paloma González de Ramos

Neste sentido din que os animais si que poden ser transportadores da enfermidade, polo que os veterinarios recomendan que se extreme a súa limpeza

"Todos os coidados teñen que ir enfocados a esa pequena posibilidade de que os animais cando saen de paseo, por exemplo, nas patas, nas zonas que rozan coa beirarrúa ou coa herba por onde os sacamos de paseo, que esas zona estean o máis limpas posibles, di Paloma González de Ramos

Para isto, sinalan basta con limpalos con auga e xabón, aínda que tamén existen produtos desinfectantes especiais para animais.

Noticias web

06/04/2020