CRTVG

Buscar

Os vergalleiros do Entroido de Sarreaus, unha tradición recuperada hai tres décadas

Publicado o 18/02/2019 21:42

E agora achegámonos ata a comarca da Limia, concretamente ata a localidade de Sarreaus, para coñecer unha das súas figuras do Entroido, desta volta os vergalleiros. Co son das chocas e a chamada do corno percorren as rúas da vila os días grandes da festa. Unha tradición recuperada hai tres décadas da que din que se senten profundamente orgullosos.  

Hai algo menos de tres décadas que os veciños de Sarreaus decidiron recuperar o seu traxe e a súa máscara tradicional. Contan que non foi sinxelo dar coas súas orixes, pero quixo a fortuna que un párroco de Escornabois gardara un documento de mediados do século dezanove, que malia carecer de debuxos describía con detalle todo o que precisaban saber. Foi no 1991 cando coa axuda dunha deseñadora decidiron volver darlle vida.

O seu día grande é o Domingo de Entroido, unha festa á que todos, veciños e foráneos, están convidados. Din que as tradicións hai que mantelas.

Dende os quince ata os sesenta anos, os vergalleiros, homes e mulleres, mozos e maiores, sairán no Entroido compartir a ledicia e a festa cos seus veciños.

Noticias web

18/02/2019