CRTVG

Buscar

Os venres sociais custan 920 millóns e desvían o déficit en dez mil millóns

Publicado o 05/04/2019 19:42

920 millóns de euros. É a cantidade que, segundo a Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal, gastou o Goberno nas medidas aprobadas a través de decretos lei nos chamados venres sociais.

O impacto das medidas elevará nunha décima a cifra de déficit, que aínda así, segundo este organismo, vai baixar en 2019 ata situarse no 2,1 por cento do Produto Interior Bruto. A explicación, din, está en que o custo dos venres sociais non é tan alto como o que suporían as medidas incluídas no proxecto de presupostos, que non chegaron a aprobarse.

O Goberno defende a súa xestión en materia económica e fiscal.

Isabel Celaá, voceira do Goberno: "O Goberno de España coida non só a recuperación social, senón tamén a disciplina fiscal. A economía española atópase nun ciclo económico moi moi favorable, iso é recoñecido por organismos nacionais e internacionais. Todo iso ten as súas consignacións presupostarias".

O informe da Autoridade Fiscal advirte que o obxectivo de déficit comprometido con Bruxelas non se vai cumprir, e bota en falta esforzos para reconducir o desfasamento orzamentario.


 

Noticias web

05/04/2019