CRTVG

Buscar

Os venezolanos comezan a organizar a distribución de axuda humanitaria

Publicado o 10/02/2019 20:50

En Venezuela, centos de voluntarios comezan a organizarse para unha eventual distribución da axuda humanitaria, unha axuda que continúa a acumularse en Cúcuta, na fronteira con Colombia.

Esta fin de semana iniciouse a organización das persoas interesadas en traballar desinteresamente na distribución de alimentos e medicinas mentres continúa o bloqueo do goberno de Maduro.

Juan Guaidó chamaba nas últimas horas a protexer a entrada desa axuda humanitaria mentres o chavismo a rexeita por considerala un show político.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/02/2019