CRTVG

Buscar

Os vendedores do mercado de Portonovo quéixanse do cambio de localización para San Roque

Publicado o 18/07/2019 14:37

Pola prensa, e sen que ninguén lles consultase nada. Así souberon os vendedores do mercado de Portonovo que, durante as festas de San Roque, o seu sitio ía ser ocupado polas atraccións de feira.

Esta mañá o Concello reuniuse con algúns dos vendedores. Aseguroulles que haberá mercado os días 8, 12 e 15 de agosto nunha localización alternativa por determinar. Unha resposta que calmou os ánimos dalgúns feirantes, pero que non gustou a outros, que non se queren mudar nos días de máis caixa do ano.

A decisión de sacar as atraccións da súa localización tradicional no porto tomouse a raíz das demandas dos hostaleiros, que pediron liberar unha das poucas zonas de aparcadoiro do centro da vila. Pero agora o conflito está en Baltar, de onde non queren marchar os 200 vendedores que cada luns e xoves instalan este animado mercado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/07/2019