CRTVG

Buscar

Os veciños volven denunciar as liortas habituais nun bar do Ensanche de Santiago

Publicado o 23/07/2019 13:53

Novo episodio violento ás portas deste local nocturno, situado na rúa Fernando III o Santo, en pleno ensanche compostelán. Segundo fontes municipais, varios efectivos da Policía Local tiveron que desprazarse ata o lugar con motivo dunha pelexa. É un episodio máis dos que, segundo denuncian os veciños, se producen con frecuencia.

Algúns residentes insisten en que as pelexas, os gritos e as broncas se suceden, e piden unha solución para o que consideran un problema de incivismo e inseguridade. Mesmo aseguran que a imaxe da rúa e os negocios da zona se resenten.

A propietaria do establecemento defende que nada ten que ver cos altercados que se producen na rúa, ante o seu bar, e asegura que se sente acosada polo vecindario.

"Estou recibindo un acoso, din que aquí vendemos drogas e non é certo. Eu mesma chamo á policía moitas veces, e me enfronto a algúns dos que pelexan, porque non lles deixo entrar no bar", explica a dona do local.

Algúns veciños agardan poder trasladar o asunto ao pleno municipal para buscar unha solución que permita recuperar a tranquilidade e a convivencia na zona.

Noticias web

23/07/2019