CRTVG

Buscar

Os veciños únense nos barrios para animar o confinamento

Publicado o 26/03/2020 20:05

Un dos efectos positivos que podemos atopar nesta crise é a participación de veciños que antes nin se coñecían en propostas de todo tipo. En Pontevedra e na Coruña organizan actividade a diario para animar os veciños pechados nas súas casas. Vale todo, desde o himno do Pontevedra ata rememorar a Queen. 
Nestes días de confinamento, os corpos necesitan algo máis que comer. Compartir anima tamén a levar mellor o illamento social obrigado pola
COVID-19. E os barrios xogan un papel fundamental. Na rúa Arcebispo
Malvar, de Pontevedra, os veciños decidiron organizarse para animarse
para cantar. Empezaron polo himno do Pontevedra, e foise sofisticando con
cancións para acompañar os maiores que viven sós ou o aniversario de
Lucas, un veciño de 13 anos, que levará todas estas luces prendidas na
memoria e na retina para toda a vida. O animador principal, Pedro
Pedras, Petete.

Cada vez son máis os veciños que se apuntan a mantela. O grupo de
WhatsApp medra e a rúa da alegría amplía programación. Na Coruña non son
menos, e os veciños de Monelos apuntan máis alto, ao Fredy Mercury.

Un veciño decidiuse a recrear o concerto que Queen deu en 1985 no Live
Aid. E é que non hai coronavirus que poida coa potencia da solidariedade
para que o confinamento sexa un pouco menos triste.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/03/2020