CRTVG

Buscar

Os veciños tentaron apagar o incendio provocado polo accidente aéreo de Mallorca

Publicado o 25/08/2019 21:49

Ambos os dous aparellos chocaron e incendiáronse preto do Camiño Vello de Costix. Os restos do choque aéreo quedaron espallados ao longo dunha área de aproximadamente un quilómetro. Distribuídas entre distintos terreos privados, foron atopados por numerosos veciños que oíron a explosión e máis tarde as sirenas dos bombeiros.

A fuselaxe do helicóptero, do modelo Bell 216, espetouse xunto á piscina da quinta Ca La Veritat, cuxos residentes intentaron apagar, xa que ardía. A uns dez metros doutra vivenda, do municipio de Inca, outro veciño intentaba tamén sufocar as lapas da outra aeronave.

O helicóptero engalara do vello aeródromo de Son Bonet, situado ás aforas de Palma e empregado principalmente por avións lixeiros. Voaba sen copiloto, xa que o piloto decidiu non ocupar a praza, para acoller un dos membros da familia alemá que contratou a viaxe para sobrevoar unha zona de Mallorca. Segundo algunhas fontes da investigación, tiñan intención de compartir unha comida con amigos en Camp de Mar. O ultralixeiro partira do aeródromo de Binissalem.






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/08/2019