CRTVG

Buscar

Os veciños temen polo futuro medioambiental do Xurés tras o último incendio

Publicado o 20/09/2020 20:59

Berro de desespero dos veciños e empresarios do turismo do Xurés tras o desastre do último incendio. 

Piden actuacións urxentes para evitar a erosión do solo mais as escorrentías aos regatos e un plan para rexenerar e ordenar o monte, diversificar recursos e poñelos en valor.

Unha semana despois de comezar o último grande incendio no Xurés, que calcinou 2.000 hectáreas, o Parque Natural aínda fumega. Unha desfeita ecolóxica e social.

Tocado, moi tocado, nos últimos 5 anos o lume afectou o 70 por cento do parque, pero non afundido. Dino veciños e empresarios que teñen neste tesouro natural, a única Reserva da Biosfera Transfronteiriza, o seu respiro, o seu sustento.

Actuacións urxentes e outras a longo prazo para albiscar, din, un futuro, de novo verde para o Xurés e para todos os seres que o habitan.

Noticias web

20/09/2020