CRTVG

Buscar

Os veciños de Curtis recuperan a subministración de auga potable

Publicado o 06/10/2021 09:20

Os veciños de Curtis xa poden beber a auga da billa. O problema arrastrábase desde o mércores pasado pola tarde, cando se detectaba un problema de contaminación provocado por unha vertedura de xurro na rede de abastecemento.

Por iso, prohibiuse o consumo de auga da billa e foi necesaria a utilización de camións cisterna para abastecer a poboación. Os problemas agraváronse esta fin de semana debido ás chuvias que provocaron o arrastre desa vertedura. 

Tras as analíticas realizadas na auga o luns, decretouse que xa era apta para o consumo e agora o Concello abriu un expediente para iniciar as investigacións. 

Noticias web

06/10/2021