CRTVG

Buscar

Os veciños, pendentes da movida nocturna deste xoves en Santiago

Publicado o 30/09/2021 21:29

A pasada noite os veciños da rúa Alfredo Brañas gravaron centos de mozos bebendo na rúa ao saír dos locais nocturnos. O ocio das discotecas da zona trasládase á rúa e os veciños ven como de mércores a sábado teñen moi limitado o seu descanso.

Xoaquín Mato, Presidente de honra da Asociación Raigame, asegura que "a xente sae para fóra e sae cantando, berrando, rompendo o que sexa e o problema está aí, o problema non está nos pubs. E temos que respectar os maiores que están descansando, que teñen tanto dereito coma eles a divertirse".

A situación non é nova para os veciños do ensanche compostelán. Mato subliña que estivo "30 anos á fronte da asociación e sempre tivemos problemas os dous primeiros meses de curso".

A pasada madrugada os axentes disolveron sen incidencias grupos de mozos nos arredores das discotecas situadas en Alfredo Brañas e na rúa Curros Enríquez. Saben que esta madrugada non vai ser tranquila, pero agardan que non se repitan as aglomeracións do xoves pasado.

Noticias web

30/09/2021