CRTVG

Buscar

Os veciños, entre a conmoción e a incredulidade

Publicado o 16/09/2019 18:31

Os habitantes da parroquia de Cordeiro, e en especial os deste lugar de Carracido, están conmocionados. Os primeiros en acudir ao lugar dos feitos pasaron horas en estado de shock.

"Estou completamente nervioso, moi nervioso porque non o creo aínda, non o teño asimilado".

E despois do espanto chega a indignación. Todo o lugar condena estes crimes e unha violencia machista que non deixa de causar mortes. 

"Que maten as mulleres xa está entrando dentro dunha normalidade cotiá". "Iso non se comprende, como puido facer iso con dous nenos, con dous fillos".

Os corpos das tres mulleres foron trasladados ao Hospital Provincial de Pontevedra para practicarlles a autopsias. 41 mulleres foron asasinadas polas súas parellas ou ex-parellas no que vai de ano en España. Suman 1.016 dende que hai rexistros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/09/2019