CRTVG

Buscar

Os veciños dos Mallos, na Coruña, denuncian que hai media ducia de vivendas ocupadas ilegalmente

Publicado o 24/08/2021 14:58

Na súa denuncia, a Plataforma dos Mallos fala de medo a saír á rúa polo aumento dos casos de roubos a comercios e veciños.

Din que a situación é especialmente difícil na contorna dos seis edificios con vivendas ocupadas que teñen localizados no barrio, e donde sospeitan de venda e consumo de drogas.

Desde as asociacións do barrio piden unha solución: solicitan maior presenza policial a pé de rúa para disuadir comportamentos incívicos.

Noticias web

24/08/2021