CRTVG

Buscar

Veciños do Carballiño, O Irixo e Boborás asumen as restricións de mobilidade

Publicado o 15/10/2020 20:32

A Policía e a Garda Civil controlan os accesos dos concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás, que desde a pasada medianoite están en confinamento perimetral. Non se pode entrar nin saír deles sin xustificación. Só por motivos laborais, sanitarios, educativos, para coidar maiores ou para facer algunha xestión administrativa. Pero sempre cun documento que o acredite. 

Francisco Valeiras, xefe da Policía Local do Carballiño, "entre os concellos de Carballiño, O Irixo e Boborás sí te podes mover. Fóra só é por causa xustifica e a poder ser acreditada. Isto é un conflicto entre o sentido común e a picaresca"

Xunto coa limitación da mobilidade, os concellos do Irixo e de Boborás entraron adeamis en nivel tres de alerta, coas mesmas medidas que se aplican xa no Carballiño.

Manuel Cerdeira, alcalde do Irixo, "estamos adaptándonos ás novas condicións. A variación foi nas cafeterías, que agora só se pode atender na terraza. Polo demais, eu estiven falando cos veciños e fan vida normal".

"Se non queda outro remedio... pois teremos que adaptarnos á pandemia", "os clientes son os mesmos de sempre, pero agora se habían de tomar dous viños toman un. Ou xa non veñen", "a xentiña ten medo", opinan os veciños.

Na provincia de Ourense xa son cinco os concellos que teñen restricións de mobilidade: Ourense, Barbadás, O Carballiño, O Irixo e Boborás. As autoridades sanitarias consideran que é a medida máis eficaz para frear os contaxios.

Noticias web

15/10/2020