CRTVG

Buscar

Os veciños do camiño da Raposa, en Vigo, están fartos dos accidentes e dos sustos

Publicado o 04/03/2019 14:44

Aseguran que os vehículos que circulan por esta vía, dun único sentido, fano a moita velocidade. O último accidente producíase esta fin de semana, cando un coche se esnafrou contra varios vehículos que estaban estacionados.

A isto súmase a falta de beirarrúas en moitos tramos. Por este motivo, os peóns teñen que botarse á cuneta para non seren atropelados. Piden a colocación de lombas e sinais visuais para que os condutores diminúan a súa velocidade.

Noticias web

04/03/2019