CRTVG

Buscar

Os veciños do barrio vigués de Bouzas puideron celebrar a festa da Brincadeira

Publicado o 05/05/2019 19:12

Despois de ter que adiala pola chuvia e pola cita electoral, por fin hoxe o barrio vigués de Bouzas celebra a súa festa da Brincadeira. Trátase da conmemoración da expulsión das tropas napoleónicas en 1809.

A vila de Bouzas foi concello de seu ata comezos do século XX, pero no albor do dezanove os seus veciños e gobernantes pelexaron contra os invasores franceses. Unha guerra que hoxe se recorda con música e choripán.

Noticias web

05/05/2019

Máis sobre actualidade