CRTVG

Buscar

Os veciños do barrio coruñés do Orzán denuncian o abandono do barrio

Publicado o 08/10/2019 14:31

Teas de obra azuis e verdes cobren as fachadas de máis de cincuenta inmobles do barrio coruñés do Orzán. Din que o barrio está moi abandonado. Aseguran que hai casas ocupadas de xeito ilegal e temen posibles incendios como xa pasou tempo atrás.

Cren que a rehabilitación do barrio lle daría máis movemento residencial e económico á zona. Por iso recollen xa sinaturas.

Amais, a asociación de veciños está a preparar un dossier en que resumen as molestias e infraccións que cometen os locais de lecer nocturno para presentalo no Concello.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/10/2019