CRTVG

Buscar

Os veciños desaloxan os okupas da casa dunha anciá en Portugalete

Publicado o 18/10/2019 14:41

Unha muller de 94 anos recuperou a súa vivenda ocupada desde a semana pasada en Portugalete, Biscaia, grazas á presión dos veciños do barrio. Centos de persoas concentráronse onte á noite diante da casa da anciá e os okupas acabaron pedindo protección policial para saír.

Victoria de Castro, de 94 anos, foi pasar uns días cunha irmá e cando volveu á sua casa de Portugalete atopouna ocupada por catro descoñecidos, dous adultos e dous menores. Non podia entrar nin a coller roupa, pero ela asegura que non tivo medo.

"Non, porque falei cunha delas e era moi riquiña, si. Díxome que podia pasar eu soa a coller algo, pero non me deixaron. Desde outubro do ano 31 vivo aquí, ata agora", decía Victoria antes de recuperar a casa.

Nin a policía nin o xulgado posibilitan un desaloxo inmediato nestes casos, así que os veciños decidiron onte á tarde manifestarse diante da vivenda para pedir aos okupas que a abandonaran. Despois de varias horas acurralados, saíron protexidos pola Ertzaintza, en medio dos berros e protestas dos concentrados.

Os veciños foron despois desaloxar outras vivendas tamén ocupadas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/10/2019