CRTVG

Buscar

Os veciños denuncian o mal estado do muro do pazo do Pousadoiro

Publicado o 28/01/2019 14:26

En Redondela, o mal estado do muro do pazo do Pousadouro preocupa moito os seus veciños en Reboreda, pero tamén os pais e nais dun colexio próximo.

O peche, feito de pedra e bloques de formigón, presenta múltiples fisuras e nalgúns tramos está moi inclinado. A súa deterioración xa foi denunciada no consistorio. Temen que o mesmo se veña abaixo.

A deterioración do muro do pazo do Pousadouro preocupa moito os seus veciños. O mesmo, composto de pedras e bloques de formigón, está completamente deteriorado. A maleza empeza a apropiarse dunha estruturas que presenta fisuras e inclinacións propias do esquecemento nun lugar de moito tránsito peonil por estaren ao carón dun colexio.

Unha situación que xa denunciaron no concello dende o propio ANPA, pero tamén dende a Asociación de veciños de Reboreda. O muro pertence a patrimonio, e anque é un ben a conservar, cren que arestora é un perigo para calquera viandante.

Levan meses agardando por unha resposta. O muro está situado nunha estrada moi estreita que carece de beirarrúas. Por aquí a diario pasan os autobuses do colexio pero tamén dos institutos de Redondela que van para estas parroquias. Tráfico pesado, mal tempo e abandono que para os afectados é unha auténtica ameaza se non se toman medidas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/01/2019