CRTVG

Buscar

Os veciños denuncian os estragos dos madeireiros en pistas forestais da Laracha

Publicado o 06/03/2020 14:29

Camiños desfeitos, estradas cheas de lama e tubaxes rotas. Residentes no lugar da Calvela, no concello coruñés da Laracha, denunciaron ante o Concello os madeireiros que traballaron no monte nos últimos meses. Din que a trasfega dos camións e tractores da madeira estragaron os camiños e deixaron varias fochancas nas que xa caeu algún coche.

"Desfixeron todo, e antes de que acaben que o arranxen, porque vai volver o inverno e a auga ven toda por riba da estrada. Agora mesmo aínda se ve un pouco limpo, porque viñeron quitar a lama. Pero iso quedou como estaba, mal".

Ao romper as tubaxes da canalización, a auga da chuvia converteu o camiño nunha lameira. Pero din que o peor é o estrago que fixeron nalgunha traída de auga potable.

"É a de miña nai. Agora non ten auga para beber e teño que ir buscarlla alá abaixo. Non sei que queren facer con esto, se o van deixar así".

Piden que, se os madeireiros non se fan cargo, se arranxe o camiño á conta do aval depositado no Concello.

Noticias web

06/03/2020