CRTVG

Buscar

Os veciños de Xunqueira seguen reclamando a limpeza do leito do río

Publicado o 18/09/2019 16:07

Pasaron dez meses dende a riada que asolagou o barrio de Xunqueira, en Viveiro, pero a estampa da zona afectada apenas mudou. Cintas, conos e valados provisionais rodean o leito do río á espera de medidas ao tempo que lles fai recordar aos veciños a traxedia vivida na zona e na que perdeu a vida unha das súas veciñas.

Os veciños lamentan a falta de actuación e reclámanlle á Administración medidas urxentes. Din que o proxecto de Augas de Galicia contempla a actuación só na zona baixa do río e cren que o problema vén de máis arriba. Din que hai que limpar ben os leitos e que moitos dos tapóns proceden de restos de cortas.

Ás portas de que entre o outono e con el a choiva, os veciños entregaron un escrito no Concello coas súas reivindicacións e propostas para evitar unha nova catástrofe.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/09/2019