CRTVG

Buscar

Os veciños de Viveiro poden volver ver a primeira liña do mar

Publicado o 04/06/2019 13:47

Tras varias décadas sen funcionamento, as naves do molle antigo de Viveiro foron derrubadas. Tratábase dunha vella reivindicación dos veciños da vila, xa que escaseaban as zonas onde poder aparcar e os alpendres rompían a estética do recinto histórico viveirense.

Dun día para outro, foron tiradas abaixo as naves do antigo molle de Viveiro, que levaban décadas pechadas. A derruba destas edificacións sen actividade era unha vella reivindicación veciñal, posto que rompían a estética do centro histórico da vila.

Ademais de deixar unha vista máis despexada cara á ría de Viveiro, a derruba das vellas naves permitirá aumentar o aparcadoiro nunha zona onde escasean este tipo de dotacións. Ao explanar 2.500 metros cadrados de terreo, a actuación de Portos suporá a creación dun cento de novas prazas de estacionamento. Si se vai conservar a antiga casa do gardamolles.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/06/2019