Os veciños de Vimianzo seguen con interese a evolución de Montse López
Publicado o 17/05/2019 18:27
En Vimianzo, os veciños seguen con interese a evolución de Montse López. Na vila seguen consternados co triste suceso co que espertaban este mércores. Non acaban de dixerir todo o que pasou.
Na Casa do Concello continúa pendurada a súa mostra de repulsa por estes feitos. Tanto Montse como Javier son dúas persoas moi coñecidas na vila, e por iso, días despois, aínda non asimilan o acontecido.
Na vila, están pendentes da evolución da muller, pero tamén agardan expectantes calquera novidade relacionada coa situación do home. Segue ingresado no hospital Juan Canalejo e, en canto lle dean a alta, pasará a disposición xudicial.
Máis sobre Galicia
27/02/2021 22:18
27/02/2021 21:50