CRTVG

Buscar

Os veciños de Vilagarcía quéixanse da presenza de excrementos de cans na rúa

Publicado o 12/09/2018 14:10

Se non recollen os excrementos dos seus cans, denuncia. Nun barrio de Vilagarcía enchéronse de donos irresponsables, e despois de anos protestando, sen éxito, agora avisan con carteis.

Carteis coma este, colocados polas rúas próximas á avenida López Ballesteros e sobre todo neste parque, advirten os propietarios de cans que incumpren a obriga de recoller as feces que se son vistos nese momento serán denunciados á policía.

A diario, e dende hai máis de dous anos, ven como os recolledores do lixo, e moitas veces os propios veciños, recollen as feces dos cans. Nada máis poñer un pé na rúa, difícil non atoparse con feces, aseguran os veciños cos que falamos. Hai un par de semanas presentaron un escrito no Concello para que tome algunha medida .

Son moitos os donos de cans que confirman certamente que esta situación é insufrible. Sucidade, cheiros e dificultade para transitar sen chegar a pisar, ás veces, os excrementos.

"Se te vemos, denunciámoste", non pode ser mais clara a advertencia. Agora este barrio está en pé de guerra para erradicar este incivismo por parte de moitos propietarios de cans. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2018