CRTVG

Buscar

Os veciños de Vigo expoñen as súas preocupacións ante os axentes

Publicado o 13/03/2018 20:59

Os roubos e a venda de drogas son as principais preocupacions de seguridade para os veciños de Vigo. A Policía Nacional convocou os representantes de distintas asociacións veciñais para coñecer as súas inquedanzas e actuar con maior eficacia en cada parroquia dependendo dos problemas que rexistren. Os colectivos agradecen este trato directo cos axentes.

Son os veciños de cada barrio e parroquia os que mellor coñecen os problemas das súas comunidades. A Policía Nacional de Vigo quere apoiarse nos seus coñecementos para actuar con maior eficacia, e por iso convoca as asociacións veciñais a reunións coma esta para recoller as súas inquedanzas. 

Ademáis, a comisaría de Vigo conta con equipos especiais destinados a vixilar e facilitar o contacto cos veciños das parroquias.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2018